REUNIDOS
Dunha parte, D. Fernando Barros Fornos, co DNI 32629952-J, en calidade de Ecónomo do Arzobispado de Santiago de Compostela, co CIF R1500020A, e con domicilio en Pz. da Inmaculada nº 1 de Santiago, e actuando en nome e representación da referida entidade.
E, doutra, D. José Manuel López Marcos, co DNI 34261292D, con domicilio para estes efectos na rúa Montero Ríos, n.º 24-26, 27002, Lugo, en calidade de director comercial de Caixa Rural Galega, SCCLG, co CIF F27005164, que actúa en nome e representación desta entidade.
As partes declaran que os poderes con que actúan están vixentes e que non lles foron limitados, suspendidos ou revogados, e ambos recoñécense mutuamente capacidade para contratar e obrigarse para o outorgamento deste convenio.
EXPOÑEN
I. Que o Arzobispado de Santiago, que representa os intereses das parroquias da Diócesis de Santiago, ten como finalidade servir os intereses das referidas parroquias, satisfacer as súas necesidades, poñer ao seu servizo as posibilidades que lle ofrece a súa capacidade organizativa e promover accións que lles acheguen valor.
II. Que Caixa Rural Galega é unha entidade de crédito que abrangue todos os sectores produtivos e todos os segmentos de particulares e que conta coa potencialidade de poder ofertar as solucións financeiras que se lles poidan presentar aos seus socios e clientes. Ao comprender a importancia do colectivo ao que o Arzobispado de Santiago representa, pon á súa disposición, a través da súa rede comercial, unha ampla gama de produtos e servizos financeiros que sitúan a súa oferta nunha posición destacada no mercado, una oferta que ten como finalidade axudar ao sector para desenvolver a súa propia actividade e fomentar o seu crecemento.
III. Que, en virtude do anterior, as partes acordan asinar o presente convenio de colaboración (en diante, o convenio) entre ambas as entidades, de acordo coas seguintes
CLÁUSULAS:
PRIMEIRA: ÁMBITO E OBXECTO DO CONVENIO
1.1. No marco deste convenio, Caixa Rural Galega pon á disposición do colectivo de parroquias da Diocese de Santiago produtos e servizos financeiros especiais. Poderán acollerse a este convenio todas as parroquias pertencentes a Dioceses de Santiago, sempre con previo coñecemento e consentimento da mesma.
1.2. O Arzobispado difundirá entre as parroquias da Diocese o contido deste convenio, dotado de condicións de produtos e servizos financeiros por Caixa Rural Galega.
1.3. Caixa Rural Galega e o Arzobispado colaborarán na difusión do contido e das condicións do convenio entre todos os destinatarios das ofertas. Así mesmo, calquera publicidade relativa ao convenio que se leve a cabo deberá facerse de mutuo acordo entre as partes.
En caso contrario, a parte que realice unha campaña publicitaria sen contar co consentimento da outra asumirá integramente as responsabilidades que poida supoñer ou ocasionar a mencionada campaña a calquera das partes aquí contratantes. En consecuencia, deberá facerlles fronte, sen limitación de importe, ás sancións que poidan sobrevir, así como aos danos e perdas e ás demais cantidades que deriven do citado incumprimento ou actuación unilateral.
1.4. Caixa Rural Galega comprométese a estudar e a analizar as operacións dos destinatarios das ofertas que queiran acollerse ao convenio. Será Caixa Rural Galega quen estableza as garantías esixibles e, en base a criterios propios, reservarase a decisión sobre a concesión ou denegación de cada operación solicitada.
1.5. Caixa Rural Galega poderá revisar periodicamente as condicións reguladas nos anexos deste convenio se tanto as condicións do mercado como a normativa legal ou administrativa modificasen ou puidesen modificar o normal cumprimento deste. Para iso, Caixa Rural Galega deberá comunicarlle ao Arzobispado as modificacións cunha antelación de polo menos 30 días, o cal poderá desistir do presente convenio se así fose o seu interese. En ningún caso esta revisión poderá afectar a operacións ou contratos de duración definida xa firmados ó abeiro do mesmo con anterioridade.
1.6 Todas cantas condicións non recollidas de forma expresa no contido do presente convenio e fosen de aplicación para algún produto ou servizo prestado por Caixa Rural Galega serán as acordadas e recollidas nos contratos que puidesen firmar os representantes das parroquias, previa consentimentos ó efecto do Arzobispado, e Caixa Rural galega nas relacións comerciais que establezan.
As comunicacións concernentes a esta cláusula deberán ser cursadas polas partes, de conformidade co establecido na cláusula novena deste convenio.
SEGUNDA: DURACIÓN DO CONVENIO
Este convenio terá unha duración de 12 meses, computables desde a data da súa sinatura, e prorrogarase de forma tácita por períodos anuais, salvo que calquera das partes lle manifeste á outra por escrito a súa intención de non prorrogalo, cunha antelación de polo menos de un mes á data de vencemento inicial ou á de calquera das súas prórrogas.
As comunicacións concernentes a esta cláusula deberán ser cursadas polas parte, de conformidad co establecido na claúsula novena deste convenio.
TERCEIRA: RESOLUCIÓN
Este convenio poderá ser resolto anticipadamente nos seguintes supostos:
3.1. A instancia de calquera das partes sen que medie ningún tipo de causa, con aviso previo á outra de maneira fidedigna e cun mes de antelación.
3.2. A instancia dunha das partes, en caso de incumprimento pola outra das obrigacións que asume en virtude deste. En todo caso, a parte que inste a resolución anticipada deberá comunicarlla á outra con un mes de antelación á data da resolución.
3.3. Pola extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.
3.4. Por mutuo acordo das partes, cos efectos que neste se establezan.
As comunicacións concernentes a esta cláusula deberán ser cursadas polas partes, tal e como establece a cláusula novena deste convenio.
CUARTA: OPERATIVO E TRANSMISIÓN DE DATOS
4.1. Os destinatarios dos produtos e servizos financeiros descritos na cláusula primeira poderán acudir ás oficinas de Caixa Rural Galega para solicitar información sobre os produtos recollidos neste convenio.
4.2. En todo caso, para poder beneficiarse das condicións dos produtos e servizos deste convenio, e especialmente para contratar os mesmos será necesario acreditar a condición de membro da Diocese da parroquia respectiva e contar coa autorización previa e por escrito do Arzobispado. Esta autorización convertese en requisito indispensable para a validez do contrato firmado e especialmente das obrigas que poidan ser asumidas polo Arzobispado en todas as ordes, polo que Caixa Rural Galega asume expresamente a obriga de obter o dito consentimento antes da firma de calquera contrato ou documento do que poidan resultar obrigas de calquera tipo e especialmente de natureza económica.
4.3. A autorización e formalización, se é o caso, de calquera dos produtos e servizos recollidos no convenio esixirá a subscrición previa por parte dos solicitantes dos documentos de solicitude e/ou a contratación que Caixa Rural teña establecidos en cada momento.
As xestións e os contactos cos solicitantes necesarios para a xestión da solicitude e, se é o caso, a formalización dos produtos serán realizados directamente entre Caixa Rural Galega e os solicitantes.
4.4. As partes obríganse a respectar e a actuar en todo caso conforme á Lei 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e demais normativa aplicable ao tratamento de datos persoais.
4.5. O Arzobispado comprométese e obriga a manter indemne a Caixa Rural Galega fronte a calquera reclamación por vía administrativa, xudicial, extraxudicial ou calquera outra que lle poida ser interposta (incluído calquera expediente sancionador que sexa incoado pola Axencia Española de Protección de Datos ou institución que a substitúa) por incumprir as parroquias a LOPD e demais normativa asociada e de desenvolvemento e, en especial, por incumprir as garantías contidas neste clausulado. En consecuencia, acepta pagar as cantidades ás que, en concepto de sanción, multa, indemnización, danos e perdas, xuros, custas xudiciais e honorarios de avogados, poida estar obrigado a lle satisfacer a Caixa Rural Galega por mor do mencionado incumprimento. A mesma obriga e nos mesmos termos se establece para Caixa Rural en relación co Arzobispado e as súas parroquias.
QUINTA: MODIFICACIÓNS
Este convenio poderá ser revisado, modificado, ampliado e/ou alterado, sempre que concorra o acordo das partes e sempre que se formalice por escrito.
SEXTA:
Ningunha das partes poderá ceder total ou parcialmente este convenio nin as obrigacións ou dereitos que del deriven, sen o consentimento previo e por escrito da outra parte deste convenio.
SÉTIMA: DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL
Este convenio non supón a concesión de licenzas nin a cesión de calquera dereito de patente, marca, nome comercial, modelo de utilidade, deseño, copyright nin dereito de ningún tipo de propiedade industrial ou intelectual. Ningunha das partes utilizará o nome, marca, nome comercial, nin calquera outro dereito de propiedade industrial ou intelectual doutra parte, sen o consentimento previo, expreso e escrito desta.
OITAVA: CONFIDENCIALIDADE
O Arzobispado comprométese fronte a Caixa Rural Galega a gardar a máxima confidencialidade da documentacíón e información que, se é o caso, sexa proporcionada por Caixa Rural Galega en virtude deste convenio. Por outra parte, obrígase a utilizar a devandita información para os fins previstos neste contrato e establécese a prohibición expresa de cedérllela a terceiros, nin sequera para a súa conservación, sen o consentimento de Caixa Rural Galega. A mesma obriga e nas mesmas condicións se impón a Caixa Rural Galega en relación co Arzobispado e as súas parroquias.
NOVENA: NOTIFICACIÓNS ENTRE AS PARTES
Salvo o disposto de diferente maneira neste convenio, calquera notificación ou comunicación que deba realizarse entre as partes deberá ser efectuada mediante correo electrónico e/ou fax, ou por calquera medio de comunicación fidedigna, e ha de dirixirse ás seguintes persoas e enderezos:
ARZOBISPADO DE SANTIAGO
Praza da Inmaculada, 1
15704, Santiago CAIXA RURAL GALEGA
Cl. Montero Ríos, 24-26
27002, Lugo
En Santiago de Compostela, a 8 de marzo de 2022.
Fdo.:
Fernando Barros Fornos
Ecónomo do Arzobispado Fdo.:
Jesús Méndez Álvarez-Cedrón
Director General de Caixa Rural Galega
Anexo ao Conveno de Colaboración
Arzobispado de Santiago de Compostela
SERVIZOS ASOCIADOS A CONTAS Á VISTA
Conta corrente
• Comisión de mantemento:
Persoa física:
• Con saldo medio semestral superior a 1.000,00 euros: exenta
• Con saldo medio semestral inferior a 1.000,00 euros: 15,00 € ao semestre
Persoa xurídica:
• Con saldo medio semestral superior a 6.000,00 euros: exenta
• Con saldo medio semestral inferior a 6.000,00 euros: 20,00 € ao semestre
• Comisión de administración: Exenta
Banca electrónica
• Acceso gratuíto a RURALVÍA: Consultas e/ou movementos
• Buzón Virtual / INFOMAIL*
Ingreso de cheques • Sen comisión
Emisión de recibos domiciliados (presentación telématica)
• Comisión de emisión: 0,15 euros por recibo + IVE
• Comisión de devolución: 0,25% con mínimo de 1,50 euros + IVE
* A activación do buzón virtual ou INFOMAIL elimina os posibles custos de correo que puidesen ser de aplicación naqueles servizos suxeitos aos mesmos.
MEDIOS DE PAGO
Tarxeta de débito
Visa Servired
• Comisión de emisión: 12,00 euros
• Comisión de renovación: 12,00 euros anual
Non será de aplicación si se efectúan no período anual un número de compras superior a 25 (non se teñen en conta a estes efectos as disposicións en caixeiros automáticos).
Tarxeta de crédito
Visa Classic Mixta
• Comisión de emisión: 20,00 euros
• Comisión de renovación: 20,00 euros anual
Non será de aplicación si se efectúan no período anual compras por un importe superior a 1.000 euros.
Terminal de Punto de Venta (TPV)
• Comisión por compra: en función de facturación
– Tarxetas de consumidores: máximo 0,50 %
– Tarxetas de non consumidores: máximo 0,80 %
– Tarxetas internacionais: máximo 1,75 %
Tarifas planas
Nome tarifa Coste mensual Facturación anual Exceso de facturación
Azul 7,50 € 30.000,00 0,90 %
Vermella 15,00 € 60.000,00 0,90 %
Amarela 30,00 € 100.000,00 0,90 %
Verde 55,00 € 150.000,00 0,90 %
Laranxa 80.00 € 220.000,00 0,90 %
As tarifas planas inclúen as comisións por compra e mantemento
• Comisión de mantemento: 9,00 euros por mes no caso de que a facturación do mes sexa inferior a 1.000,00 €.
• Comisión por GPRS: 12,00 euros mensual. Inclúe custo de chamada.
Servizo de Compra Persoalizada SCP
Aprazamento de compras dende TPV para clientes con tarxetas de Caixa Rural Galega
• Tipo nominal mensual para o titular da tarxeta: 1,25 %
• Comisión de apertura: 0%
• Prazos:
– 3 meses: importe operación mínimo 60,00 €
– 6 meses: importe operación mínimo 180,00 €
– 9 meses: importe operación mínimo 360,00 €
– 12 meses: importe operación mínimo 600,00 €
Préstamo con garantía persoal
• Comisión de apertura: 0,50 %
• Tipo de xuro fixo 2,75 % (max. 5 anos)
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1.50 % min. 1,50 %
• Com. Amortización anticipada: 0 %
• Com. Cancelación total: 0 %
• Prazo máximo: 8 anos
Préstamo anticipo
• Comisión de apertura: 0,50 %
• Tipo de xuro fixo 1,50 %
• Prazo máximo: 1 ano
• Amortización: a vencemento
Leasing mobiliario
• Comisión de apertura: 0,50 %
• Tipo de xuro fixo 2,50 % (max. 5 anos)
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1.50% min. 1,50 %
• Com. Amortización anticipada: 0 %
• Com. Cancelación total: 0 %
• Prazo máximo: 8 anos (mínimo legal. 2 anos)
Leasing inmobiliario
• Comisión de apertura: 1,0 %
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1.50 min. 1,50 %
• Revisión anual
• Com. Amortización anticipada: 0 %
• Com. Cancelación total: 0 %
• Prazo máximo: 15 anos (mínimo legal: 10 anos)
Préstamo con garantía hipotecaría para local ou nave
• Comisión de apertura: 1,50 %
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1.25 min. 1,25 %
• Revisión anual
• Com. Amortización anticipada: 0 %
• Com. Cancelación total: 0 %
• Prazo máximo: 20 anos
Crédito financiamento de circulante
• Comisión de apertura: 0,50 %
• Tipo de xuro fixo 2,50 %
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1.50 min. 1,50 %
• Revisión trimestral
• Com. disponibilidad: 0,05% mensual
• Prazo máximo: 1 ano
Avais
• Comisión de apertura: 0,20 %, min 30,00 €
• Comisión de risco trimestral:
Aval económico: 0,35 %
Aval técnico: 0,25 %
Desconto comercial
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1,75 % min. 1,75 %
• Comisiones por efecto: exenta
• Revisión trimestral
Conforming
Factoring
Renting
A consultar en función de volúmenes e outras circunstancias específicas de cada produto.
Préstamo con garantía hipotecaria para vivenda
• Comisión de apertura: 1,0 %
• Tipo de xuro variable: Euribor + 1,65 %* bonificable (sen mínimos)
• Revisión anual
• Com. Amortización anticipada: 0 %
• Com. Cancelación total: 0 %
• Prazo máximo: 30 anos
• Consultar tipos fixos ou mixtos (período fixo e variable)
*Bonificacións por produtos vinculados:
-Nómina ou Ingresos recorrentes: 0,20 %
-Tarxeta de crédito: 0,10 %
-Seguro de Vida: 0,15 %
Seguro do Fogar: 0,15 %
Máxima bonificación acumulada: 0,65 %
SEGUROS
Seguros
• Multirrisco empresarial / Comercio
• Responsabilidade civil
• Incapacidade Laboral Transitoria
• Seguro de Accidentes
• Seguro de Asistencia Médica
• Seguro para a construción (Decenal y TCR)
• Plans de pensións Individuais e de Emprego
FONDOS DE INVESTIMENTO
Fondos
• Catálogo de Fondos Gescooperativo. Contratación dispoñible en Ruralvía e oficinas
• Catálogo de fondos de Xestoras Internacionais. Contratación dispoñible en Ruralvía.