El 30 de diciembre, en la SAMI Catedral de Santiago de Compostela, se celebró la festividad de la Traslación del Apóstol Santiago.
La Eucaristía Estacional fue presidida por el Sr. Arzobispo de Santiago de Compostela, que estaba acompañado, entre otros, por el Sr. Cardenal Arzobispo emérito de Madrid, Mons. Rouco Varela; el Cardenal Arzobispo de Buenos Aires, Mons. Poli; el Sr. Arzobispo emérito de Santiago de Compostela, Mons. Barrio Barrio; el Sr. Arzobispo de Tánger, Mons. Agrelo Martínez; el Sr. Obispo de Ourense, Mons. Lemos Montanet; así como los miembros del Cabildo Catedral, el Sr. Vicario General, el de Pastoral y el Territorial de A Coruña, miembros del Consejo de Presbiterio, Arciprestes y Vicearciprestes, sacerdotes diocesanos y visitantes.
La comitiva civil estaba presidida por el Excmo. Sr. Delegado de Su Majestad el Rey Felipe VI, D. Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente del Parlamento de Galicia, al que acompañaban el Almirante Jefe del Arsenal de Ferrol, miembros del Gobierno gallego, de la Judicatura, de la Universidad, de los tres ejércitos, de los cuerpos de seguridad del Estado y del Concello de Santiago.
El Sr. Delegado Regio fue recibido por una comisión capitular en el Pórtico de la Gloria. A la altura de la Puerta del Tesoro, fue saludado por el Sr. Arzobispo y se inició la procesión por las naves de la Catedral, en la que portaba la imagen del Apóstol Santiago, relicario conocido como Santiago Coquatrix.
El Sr. Arzobispo respondió en la homilía a la invocación realizada por el Excmo. Sr. Delegado Regio.
Homilía
Sres. Cardenales, Sres. Arzobispos y Obispos:
Miembros del Cabildo Catedralicio, Vicarios, Arciprestes…
Hermanos sacerdotes, diáconos, servidores del altar
Miembros de la Vida Consagrada, fieles laicos
Al Sr. Oferente, delegado Regio de su Majestad el Rey Felipe VI
Autoridades civiles (locales, provinciales y autonómicas), militares y académicas
A los miembros de la Archicofradía del Apóstol Santiago
A los que nos seguís a través de los medios de comunicación
A los que habéis llegado como peregrinos a la casa del Señor Santiago
Un saludo a todos para que vivamos el Año jubilar Romano, cuya apertura celebramos ayer con el gozo y con la esperanza que brotan del don y la tarea de ser hermanos y discípulos del Señor Jesús.
«Maestro, hemos estado bregando toda la noche y no hemos recogido nada; pero, por tu palabra, echaré las redes» (Lc 5,5)
Jesús había invitado a aquel pescador de Galilea, Simón Pedro, a “remar mar adentro y echar de nuevo las redes” (cf. Lc 5. 4) con palabras que inspiran confianza y avivan la esperanza. Cuando los esfuerzos parecen baldíos y las fuerzas se agotan, surge, como una llamada que sostiene el peregrinar cotidiano, aquella voz que nos dice ¡Ultreia e Suseia! Ante la tentación de quedarnos anclados en las propias seguridades o paralizados por temores inciertos, las palabras del Señor y la respuesta de Pedro resuenan hoy para nosotros como una invitación a recordar con gratitud el pasado, a vivir con pasión el presente y a abrirnos con confianza al futuro: «Jesucristo es el mismo, ayer, hoy y siempre» (Hb 13,8) (Cf. NMI 1).
Abiertas las puertas del Jubileo de la Esperanza, el Jubileo Romano de 2025, desde esta Catedral, que es meta de peregrinos por ser la casa que alberga los restos y la memoria del Apóstol Santiago, uno de aquellos que en las orillas del lago de Galilea escuchó la llamada del Señor a ser “pescador de hombres” (cf. Lc 5, 10), y en esta fiesta solemne de la Traslación, os invito a vivir con gratitud por lo dado y recibido. Debemos vivir sumergidos en el don y la gracia, en la donación y en el agradecimiento. El don de Dios a esta tierra gallega ha sido derramado generosamente en una fe que ha sido vivida con fruto en cada momento de la historia y acogida en el barro de las fragilidades. Y en este tiempo que nos toca vivir queremos ser agradecidos por un legado recibido (una fe vivida, celebrada y anunciada) que debe fructificar en este siglo XXI, siendo fieles en la novedad del tiempo.
Os invito también a vivir con pasión el presente como tiempo de oportunidad, como un tiempo de gracia y de esperanza. Este tiempo es el nuestro, el que nos toca y nos ha sido dado para vivir, y nos convoca a redescubrir la alegría del encuentro con el Señor, nos llama a la renovación espiritual y nos compromete en la transformación del mundo, para que este llegue a ser realmente un tiempo jubilar.
Y os invito a una renovada confianza que dé rostro y carne a la esperanza en el futuro, en el de este tiempo y en el de la una eternidad que, como don de Dios, va más allá de nuestras posibilidades humanas: lo hacemos, tal como decía san Juan Pablo II al concluir el anterior Jubileo del año 2000, con “un confiado optimismo, aunque sin minusvalorar los problemas. No nos satisface ciertamente la ingenua convicción de que haya una fórmula mágica para los grandes desafíos de nuestro tiempo. No, no será una fórmula lo que nos salve, pero sí una Persona y la certeza que ella nos infunde… Se centra, en definitiva, en Cristo mismo, al que hay que conocer, amar e imitar” (NMI 29).
«Non temas; desde agora serás pescador de homes» (Lc 5, 10)
É a vocación de estender no corazón da humanidade as redes dunha esperanza que non declina nin defrauda, porque leva o nome de Cristo: “Todos esperan. No corazón de toda persoa aniña a esperanza como desexo e expectativa do ben, aínda ignorando o que traerá consigo o mañá. Con todo, a imprevisibilidade do futuro fai xurdir sentimentos a miúdo contrapostos: da confianza ao temor, da serenidade ao desalento, da certeza á dúbida” (Francisco, Spes non confundit. Bula Xubileu 2025, 1). A esperanza cristiá, de feito, non engana nin defrauda, porque nace e fúndase na certeza de que nada nin ninguén poderá separarnos nunca do amor divino. Unha esperanza que non cede ante as dificultades: fundaméntase na fe e nútrese da caridade, e deste xeito fai posible que sigamos adiante na vida. Santo Agostiño lémbranos que a alma para vivir precisa crer, esperar e amar (Sermón 198, 2).
A esperanza que brota da fe en Cristo non admite indolencias; non admite a falsa prudencia de quen non se arrisca por medo a comprometerse, nin o cálculo de quen só pensa en si mesmo; é incompatible coa vida tranquila de quen non alza a voz contra o mal nin contra as inxustizas que se cometen sobre a pel dos máis pobres: “Todos nós temos o don e a misión de levar esperanza alí onde a vida está ferida” (Francisco, Homilía apertura Porta Santa e Misa de Noiteboa, 24 decembro 2025).
Por iso, a esperanza pídenos alzar a voz sen medo en defensa de quen está sufrindo, hoxe, moi graves inxustizas, vítimas das guerras, da trata de persoas, da violencia, da falta dun traballo digno e seguro. Non perdamos unha mirada e sensibilidade evanxélicas ante a necesaria acollida e integración das persoas migradas: é inaceptable utilizar aos migrantes ou refuxiados como arma política, cando xa acumulan a dor polo desarraigamento e o abuso das mafias. Han de ser acollidos desde a legalidade e a fraternidade. O próximo sempre ten rostro concreto e alí o Señor espéranos: os damnificados pola DANA que hai dous meses arrasou tantos pobos e tantas vidas; as dificultades no acceso á vivenda de mozas e familias; as feridas que provocan as adiccións que tanto escravizan a liberdade e a dignidade das persoas; a violencia contra os nenos e as mulleres; as guerras que arrasan coa verdade, a xustiza e a vida.
Precisamos unha esperanza encarnada e comprometida que nos permita recuperar unha sociedade na que vivir sexa máis que sobrevivir. Unha sinfonía de actitudes e compromisos, baseados na “proximidade, apertura ao diálogo, paciencia, e unha acollida cordial que non condena” (EG 165).
Sr. Oferente, acollemos a vosa ofrenda e facémola presente diante do Altar. Encomendo á intercesión do Apóstolo Santiago a todos os que habitamos esta fermosa terra que Deus nos regala; a todos os pobos e xentes de España, e da nosa querida Galicia, ás nosas familias, que sigan sendo berce da vida e da fe, onde todos, especialmente os nosos nenos e anciáns, sexan coidados, queridos e consolados.
Pido por aqueles que exercen responsabilidades públicas para que adiquen os seus mellores esforzos ás esixencias do ben común e ao empeño por construír unha sociedade en paz, cimentada na verdade, a xustiza e a liberdade, sen extremismos nin exclusións, onde servir sexa sempre o horizonte da responsabilidade social, por riba das lexítimas diferencias políticas. Unha sociedade que cultive unha intelixencia natural, libre e creativa, que innove desde a responsabilidade ética e constrúa un futuro próspero que beneficie a toda a humanidade.
Por intercesión do Santo Apóstolo Santiago, pido ao Señor que bendiga á súa Maxestade o Rei Felipe VI, cumprido o décimo aniversario da súa proclamación ao servicio de España, e a toda Familia Real; tamén á vosa Excelencia, Sr. Oferente, á súa familia e aos seus colaboradores.
No Camiño de Santiago, cristián pola súa orixe, polo seu espírito e pola súa meta, tal como lembrou recentemente o papa Francisco a un grupo numeroso de peregrinos italianos (Basílica de san Pedro, 19 de decembro de 2024), a esperanza convirte en peregrinos aos camiñantes, pois só se camiña baixo a esperanza. O Camiño é unha metáfora espléndida e necesaria para os homes e mulleres do noso tempo, para os europeos desta hora e os moitos que veñen doutros continentes: nos está dicindo que o mundo e a vida teñen espazos e presenzas que alentan, que acompañan e sosteñen, que nos abren á transcendencia e á fraternidade, ao Deus vivo e verdadeiro desde o home vivo e verdadeiro. Que, de novo, desde Santiago renaza aquela esperanza que nunca decae e que sempre nos sostén, pois camiñamos en esperanza polas sementes de ben que Deus segue derramando na humanidade.
