No día de hoxe, o Diario Oficial de Galicia publica o Decreto 2/2021, polo que se modifica o Decreto 202/2020 de 3 de decembro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.
No referente ás limitacións nos lugares de culto non hai ningunha modificación, pero lémbrase o normado no referido Decreto 202/2020:
«Terceiro. Limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto
1. Na Comunidade Autónoma de Galicia a asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade, e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.
Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.
2. A asistencia a lugares de culto, nas condicións establecidas no número anterior, non poderá superar o terzo da súa capacidade nos concellos enumerados nos números 1 e 2 do punto primeiro deste decreto.
3. Deberán establecerse medidas para ordenar e controlar as entradas e saídas aos lugares de culto para evitar aglomeracións e situacións que non permitan cumprir coa distancia de seguridade.
4. As limitacións previstas nos números anteriores non poderán afectar en ningún caso o exercicio privado e individual da liberdade relixiosa».
Polo que, o aforo dos lugares de culto segue a ser:
• Nos Concellos sen restricións: 50 % do aforo.
• Nos Concellos con restricións: 33 % do aforo.
Rógaselle aos Sres. Curas que comproben o listado de Concellos con restricións e sigan as recomendacións das autoridades sanitarias cumprindo en todo momento o indicado.
Santiago de Compostela, a 9 de xaneiro de 2021.
O Vicario xeral