Do 21 ao 23 de abril no Colexio das Filipenses da parroquia de Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, celebrouse a 50 edición da Pascua Xoven de Arousa, baixo o lema “Paga a pena seguir…”, coa participación duns 300 mozos.
Despois da acollida, iniciouse o encontro co Pregón Pascual, que reflexou a síntese de traballo realizado ao longo do ano e serviu de introdución para o encontro. Rematouse esta primeira xornada coa oración de boas noites.
O sábado, día forte do encontro, despois da oración da mañá, durante todo o día, os diferentes grupos traballaron o lema da Pascua: intercambio de ideas e opinións con mozos e mozas dos outros grupos, xogos cooperativos, Yinkanas e retos, que finalizaron coa intervención de Migueli e tamén do único pascueiro que estivo nas 50 edicións, D. José Aldao, párroco de Cambados.
A noite deste día, comezou coa Celebración penitencial do Perdón, presidida polo Arcebispo electo. Rematada esta, os participantes realizaron o Camiño de Emaús ata o templo parroquial da Xunqueira, onde tivo lugar a celebración da Eucaristía.
No último día, revisouse o vivido e adquiríronse compromisos concretos para a vindeira Pascua do 2024.