– ANOTACIÓN DOS ENTERRAMENTOS NOS LIBROS SACRAMENTAIS DA PARROQUIA.
4.1.- Para seguir conservando a fiabilidade histórica dos nosos libros sacramentais, é necesario que o Sr. Cura reitor da freguesía inscriba no libro de defuncións os enterramentos dos seus fregueses, deixando constancia no asentamento ou partida se o sepelio tivo lugar no cemiterio parroquial, ou no cemiterio municipal, ou no cemiterio veciñal (caso de existir tamén na parroquia estes últimos). Igualmente quedará constancia de todos aqueles enterramentos de fieis católicos provenientes de outras parroquias e que reciban sepultura ben no cemiterio parroquial ou ben en cemiterios propios de algunha outra entidade (p.e., Concello, Asociacións, etc.), sempre que as familias afectadas fagan a pertinente comunicación de datos.
4.2.- Asento de incineracións.- Coa finalidade de deixar o oportuno testemuño procede que no correspondente folio do libro actual de defuncións fágase unha anotación á marxe, que poderá ter a seguinte redacción: Cando as cinzas se depositan no panteón ou sepultura familiar: “O cadáver de D./D.ª …, fillo/a de D. e
D.ª …, de … anos de idade, foi incinerado o día … de … do ano …
e as súas cinzas foron depositadas no cemiterio desta parroquia”.
4.3.- Normativa canónica acerca da sepultura e conservación das cinzas incineradas.- Está contida na instrución “Ad resurgendum cum Christo”, do 15 de agosto de 2016. Foi publicada pola Congregación para a Doutrina da Fe e desenvolve o modelo tradicional dos enterros e a nova modalidade das cremacións, dando disposicións relativas á conservación das cinzas no caso da cremación. A cremación non está prohibida “a
non ser que fose elixida por razóns contrarias á doutrina cristiá” (CIC, c. 1176.3). Os fieis defuntos son parte da Igrexa, que cre na comuñón “dos que peregrinen na terra, dos que se purifican despois de mortos e dos que gozan da benaventuranza celeste, e que todos se unen nunha soa Igrexa” (Catecismo da Igrexa católica, n. 922). “A conservación das cinzas nun lugar sacro pode axudar a reducir o risco de subtraer aos defuntos da oración e o recordo dos familiares e da comunidade cristiá”. Porque é oportuno lembrar que a obra de misericordia que nos convida a “enterrar aos mortos” segue vixente, tamén para as cinzas incineradas.
O número 6 da Instrución dispón “que non está permitida a conservación das cinzas no fogar… nin tampouco ser divididas entre os diferentes núcleos familiares e débeselles asegurar respecto e condicións adecuadas de conservación”.
O número 7 norma: “…non sexa permitida a dispersión das cinzas no aire, na terra ou na auga ou en calquera outra forma, ou a conversión das cinzas en recordos conmemorativos, en pezas de xoiería ou noutros artigos…”.
Esta ensinanza da Igrexa non pretende turbar a paz que quen preferiu esparcir as cinzas dos seus deudos. Lembremos que cada norma vai respondendo o seu momento. A fe cristiá tamén se expresa en signos, e a renuncia aos mesmos pode chegar a escurecer a nosa fe co paso do tempo. E un destes signos é a referencia do columbario.
O Ritual de Exequias nas páxinas 263-271 contempla a celebración das exequias en caso de cremación do cadáver.
5.- CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DA IGREXA.
Ao longo dos séculos, e dentro das súas posibilidades económicas, a Igrexa, creou, conservou e transmitiu un valioso Patrimonio Cultural, certamente ó servizo da Fe Cristiá, pero tamén aberto ós valores da Arte, da Cultura, da Historia, etc. Desde hai anos, as Autoridades Civís, os expertos e a sociedade en xeral séntense tamén motivados para que ese Patrimonio poida ser conservado e ofrecido á consideración do pobo. Por este motivo, recórdaselles os cregos encargados da súa custodia que non procedan á realización de reformas ou de restauracións sen o debido asesoramento técnico dos Organismos competentes e a preceptiva autorización diocesana. Cando sexa necesario recadar informes e/ou licencias da Consellería de Cultura para as intervencións que se teñan que levar a cabo, a tramitación farase desde a Comisión Diocesana de Arte Sacra ós Organismos competentes da Xunta de Galicia. Tanto a lexislación canónica coma a civil tratan de protexer este Patrimonio e recordan a seria responsabilidade dos encargados da súa custodia. Neste punto lembrar que a Consellería de Cultura está sancionando severamente as intervencións que se levan a cabo sen os correspondentes permisos da mesma.
6.- OUTRAS DISPOSICIÓNS ANTERIORES
● Celebración do matrimonio canónico con estranxeiro/a
(BOA de Santiago de Compostela, decembro 1998, p. 663).
● Celebracións Litúrxicas en Sábado Santo (BOA de Santiago de Compostela 1989, p. 77).
● Certificacións civís nos expedientes matrimoniais (cfr.
BOA de Santiago de Compostela, novembro 2002, p. 687; ídem, novembro 2004, p. 565).
● Circular do Ministerio de Xustiza sobre duplicidade de matrimonios (BOA de Santiago de Compostela 1986, p. 82).
● Decreto de Constitución do Instituto Canónico para o Sostemento dos Clérigos (BOA de Santiago de Compostela decembro 1998, pp. 645-660).
● Decreto de homologación de títulos de párroco (BOA de Santiago de Compostela 1994, pp. 467-468).
● Decreto de retribucións: Normativa diocesana para o ano 1999 en materia económica (BOA de Santiago de Compostela xaneiro 1999, pp. 36-43).
● Decreto sobre actualización dos Aranceis Diocesanos e Normas Litúrxicas (BOA de Santiago de Compostela 1980, pp. 43-50).
● Decreto sobre Cemiterios Parroquiais (BOA de Santiago de Compostela 1981, pp. 290-295).
● Directorio Diocesano de Confirmación (BOA de Santiago de Compostela 1987, pp. 531-547).
● Disposicións de Vicaría General: BOAS de xaneiro 2005, pp. 42-68; xaneiro 2006, pp. 27-66; xaneiro 2007, pp. 29- 73; febreiro 2007, pp. 150-193; xaneiro 2008, pp. 36-82; febreiro 2008, pp. 164-209; novembro 2008, pp. 655-668, 671-685; xaneiro 2009, pp. 85-135; febreiro 2009, pp. 197- 247; xaneiro 2010, pp. 42-104; febreiro 2009, pp. 178-236; xaneiro 2011, pp. 38-101; febreiro 2009, pp. 159-224;
xaneiro 2012, pp. 36-100; febreiro 2012, pp. 150-214,
xaneiro 2013, pp. 38-102; febreiro 2013, pp. 146-209;
xaneiro 2014, pp. 34-99; febreiro 2014, pp. 156-220;
xaneiro 2015, pp.24-90; febreiro 2015, pp. 140-204.
● Documentación Canónica para la admisión a la Primera Comunión, (BOA de Santiago de Compostela 1996, p. 281).
● Expediente matrimonial e partida de Bautismo (BOA de Santiago de Compostela 1996, p. 682 e BOA de Santiago de Compostela 1997 p. 596).
● Expedientes matrimoniais e certificacións (B.O.A. de Santiago, novembro 2007, pp. 780-784).
● Lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia sobre Cemiterios (BOA de Santiago de Compostela 1999, pp. 619-632) e unhas aclaracións provenientes da Vigairía Xeral (idem, p. 633).
● Matrimonio con parte non bautizada na Igrexa Católica
(cfr. B.O.A. de Santiago, novembro 2006, pp. 643-644).
● Matrimonios Mixtos: Motu Proprio do papa Paulo VI polo que se establecen Normas sobre os matrimonios mixtos, de 31 de marzo de 1970 (BOA de Santiago de Compostela 1970, pp. 256-264) e Normas da Conferencia Episcopal Española sobre esa mesma materia (BOA de Santiago de Compostela 1971, pp. 82-88).
● Ministro do Sacramento da Confirmación (cfr. BOA de Santiago de Compostela, decembro 2000, pp. 642-643; ídem, novembro 2002, pp. 684-685; ídem, B.O.A. novembro 2004, pp. 560-562).
● Normas para a provisión do Oficio Parroquial na Arquidiocese de Santiago de Compostela (BOA de Santiago de Compostela 1993, pp. 238-264).
● Normativa diocesana sobre fotografías nos actos de culto
(BOA de Santiago de Compostela 1990, pp. 432).
● Nota da Vicaría Xeral sobre o Bautismo de nenos (BOA de Santiago de Compostela 1982, pp. 107-108; véxase tamén “Instrución sobre o Bautismo de nenos” da Congregación para a Doutrina da Fe, de 20 de outubro de 1980, en BOA de Santiago de Compostela 1981, pp. 30- 42.
● Nota sobre cuestacións nos templos (BOA de Santiago de Compostela 1996 p. 281).
● Orientacións para a atención pastoral dos católicos orientais en España (cf. BOA de Santiago de Compostela, decembro 2003, pp. 587-597)
● Orientacións para a Iniciación Cristiá de persoas maiores de 7 anos non bautizadas e Decreto do Sr. Arcebispo (textos en castelán e galego: BOA de Santiago de Compostela, febreiro 2003, pp. 130-152).
● Partida de Bautismo no expediente matrimonial (cfr. BOA de Santiago de Compostela, novembro 2002, p. 682- 683; ídem, B.O.A. novembro 2004, p. 563).
● Partida de Bautismo para padriños/madriñas en bautismos e confirmacións (cfr. BOA de Santiago de Compostela decembro 2001, p. 596; idem, novembro 2002, pp. 685; ídem, novembro 2004, pp. 563).
● Presentación do Directorio de Pastoral Familiar (BOA de Santiago de Compostela 1981, pp. 235). Este Directorio foi publicado en separata.
● Recomendacións acerca do modo de proceder en materia de protección de datos persoais dos fieis de la Junta Episcopal de Asuntos Jurídicos (cfr..B.O.A. de Santiago de Compostela, novembro 2004, pp. 547-553).
● Recomendacións sobre protección de datos, presentadas polo Director da Oficina Diocesana de Socioloxía e Estatística (cfr. B.O.A de Santiago, decembro 2004, pp. 639-641).
● Regulamento do Fondo Común Diocesano de Bens (BOA de Santiago de Compostela 1983, pp. 339-346).
● Trámite de asuntos na Delegación Diocesana de Economía (BOA de Santiago de Compostela 1990, pp. 248-249; véxase tamén BOA de Santiago de Compostela 1980, p. 690).
● Vodas de conveniencia ou de compracencia (B.O.A. de Santiago, decembro 2007, pp. 913-918).
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2021.
Asdo./Víctor B. Maroño Pena, Vicario Xeral-Moderador de Curia.