Idade. O costume da Igrexa de Rito Latino, dende hai séculos, indica “a idade do uso de razón”, como punto de referencia para recibir a confirmación. Non obstante, en perigo de morte, débese confirmar os nenos mesmo se non alcanzaron aínda a idade do uso de razón (Catecismo da Igrexa Católica, n.º 1307).
O c. 891 do vixente Código de Dereito Canónico norma que o Sacramento da Confirmación se debe administrar ós fieis ó redor da idade da discreción, a non ser que a Conferencia Episcopal determine outra idade ou aparezan circunstancias de perigo de morte ou outra causa grave.
No desenvolvemento deste c. 891, a Conferencia Episcopal Española establece como idade para recibi-lo Sacramento da Confirmación a situada ó redor dos 14 anos (cfr. BOCEE 1, 1984, 95-113).
O Directorio dos Sacramentos da Iniciación Cristiá da nosa diocese no n.º 3.7, na parte dedicada ao sacramento da confirmación, exprésase así: “non obstante, valorando a realidade e práctica habitual da nosa diocese,” este Directorio propón como momento idóneo para recibir este sacramento entorno aos dezaseis anos, co fin de que o mozo teña oportunidade de adquirir un nivel máis alto de decisión persoal”.
Preparación. O Directorio Diocesano distingue diversos supostos en función dos que procede arbitra-la catequese dos confirmandos. Esta catequese debe levar a un meirande crecemento da fe, a unha certa experiencia de oración persoal e comunitaria, a unha vivencia máis intensa da Penitencia e da Eucaristía, sobre todo pola participación na Misa dominical, e a unha axeitada formación da conciencia moral e do compromiso social. Para que esta preparación sexa máis profunda, convén que se imparta ó longo de dous cursos. E, salvo situacións de persoas maiores que foron quedando “descolgadas” de celebracións anteriores, debe evitarse a preparación en forma de “cursiños acelerados”. Considérese, non obstante, como preparación normal, a descrita polo Directorio Diocesano (cfr. Directorio Diocesano, nº 3.6).
Téñase especial coidado en integra-los mozos confirmados en grupos xuvenís para prosegui-lo seu crecemento na fe e incorporalos a diversas tarefas pastorais e apostólicas.
Lugar. O lugar propio da celebración deste sacramento é a igrexa parroquial na que o confirmando recibiu a preparación. Se esta prepa
ración se quere levar a cabo en algún Colexio da Igrexa Católica ou de tipo confesional e desexen celebra-lo sacramento nas dependencias do mesmo, deberán solicita-la oportuna autorización ó respectivo Vicario Territorial, especificando o modo e o tempo da celebración así como a conexión coa parroquia do confirmando. Esta autorización debe ser solicitada antes de comeza-la preparación e no desenrolo da mesma serán tidos en conta os criterios subliñados no Directorio Diocesano da Iniciación Cristiá e mailas indicacións provenientes da parroquia.
Padriños. Os padriños dos confirmandos deberán reuni-las mesmas cualidades relixioso-morais que se esixen para seren padriños no bautismo. É conveniente que os párrocos traten de coñecer coa debida antelación os “padriños propostos” para evitar sorpresas desagradables de última hora. Procedería ir institucionalizando unha preparación catequética para pais e padriños dos confirmandos, así como a información ós confirmandos xa no empezo da preparación con total claridade acerca das condicións ou requisitos do vixente Ordenamento Canónico para ser padriños neste sacramento. Ler con atención a observación 3ª nos padriños do Bautismo.
De cara a previr situacións anómalas, cómpre que o sacerdote, cando non teña coñecemento directo dos propostos para padriño ou madriña, recabe a presentación das pertinentes certificacións bautismais na Igrexa Católica. Procure facer esta petición coa debida antelación á celebración da confirmación. O canon 876, cando no se constata o asento, norma o procedemento para probar a recepción do mesmo. Nesta situación acudir a Vicaría Xeral e facer o pertinente expediente declarativo. Non son suficientes avais os testemuños dalgúns sacerdotes manifestando “que el ten a certeza moral do feito da Confirmación”.
Ministro. Cómpre recordar que na Igrexa Católica de rito latino só o Bispo é ministro ordinario do sacramento da confirmación (c. 882 do vixente CIC); para que poida administrar este sacramento un presbítero necesita ter unha facultade especial que é concedida ou polo propio dereito ou ben pola autoridade competente. No primeiro caso,odereitocontemplaestastresposibilidades:
a) presbítero equiparado ó Bispo diocesano, a tenor do c. 381 cos seus concordantes;
b)presbíteroqueporrazóndoseucargooupormandato do Bispoadministrao sacramento doBautismoaunquesobrepasou aidadedainfanciaoué admitidoáplenacomuñóndaIgrexaCatólicacandofoibautizadonoutraIgrexaouConfesióncristiá;
c) atoparse un fregués ou un fiel en perigo de morte. No segundo caso, concede esta facultade a autoridade competente a algún o algúns presbíteros (p.e., na nosa diocese teñen esta facultade os Vicarios Episcopais perante o tempo que desempeñen este oficio canónico). Fóra das situacións anteriores o presbítero, aínda que sexa o párroco, non pode administra-la confirmación (cfr. tratamento deste apartado exposto mais longamente no BOA de Santiago de Compostela, decembro 2000, pp. 642-643).
Suplencia de preparación doutrinal. Aqueles confirmandos que non cursaron Formación Relixiosa Católica nos seus estudios deberán suplir esa carencia de formación doutrinal cunha preparación máis intensa e prolongada no tempo antes de seren admitidos á recepción do Sacramento da Confirmación.
Documentación. Procuren os párrocos recadar documentación suficiente do bautismo daqueles que non foron bautizados na propia parroquia e non admitan fregueses doutras parroquias, a non ser que fosen presentados polos párrocos respectivos e teñan recibido a preparación axeitada (cfr. BOA de Santiago de Compostela, decembro 1996, p. 682; ídem, decembro 1997, p. 596).