4.1.- Para seguir conservando a fiabilidade histórica dos nosos libros sacramentais, é necesario que o Sr. Cura reitor da freguesía inscriba no libro de defuncións os enterramentos dos seus fregueses, deixando constancia no asentamento ou partida se o sepelio tivo lugar no cemiterio parroquial, ou no cemiterio municipal, ou no cemiterio veciñal (caso de existir tamén na parroquia estes últimos). Igualmente quedará constancia de todos aqueles enterramentos de fieis católicos provenientes de outras parroquias e que reciban sepultura ben no cemiterio parroquial ou ben en cemiterios propios de algunha outra entidade (p.e., Concello, Asociacións, etc.), sempre que as familias afectadas fagan a pertinente comunicación de datos.
4.2.- Asento de incineracións.- Coa finalidade de deixar o oportuno testemuño procede que no correspondente folio do libro actual de defuncións fágase unha anotación á marxe, que poderá ter dúas redaccións: a) Cando as cinzas se depositan no panteón ou sepultura familiar: “O cadáver de D./D.ª …, fillo/a de D. … e D.ª …, de … anos de idade, foi incinerado o día … de … do ano … e as súas cinzas foron depositadas no cemiterio desta parroquia”. b) Se as cinzas foron esparexidas: “O cadáver de D./D.ª …, fillo/a de D. … e D.ª …, de … anos de idade, foi incinerado o día … de … do ano … e as súas cinzas foron esparexidas”.
O Ritual de Exequias nas páxinas 263-271 contempla a celebración das exequias en caso de cremación do cadáver.